Venres epidemiolóxico: folla mensual de información epidemiolóxica de Galicia
[GLG] O pasado 7 de setembro, a rede de monitorización de augas residuais do departamento de saúde de Catalunya notificou a detección de poliovirus 3 Sabin-like (derivado da vacina oral) en dúas estacións depuradoras da rexión do Baix Llobregat. A investigación epidemiolóxica posterior determinou que estaba asociado á unha persoa portadora asintomática. A raíz deste evento, recórdase a importancia da vixilancia da parálise fláccida aguda en menores de 15 anos para detectar posibles casos de poliomielite.