[GLG] Co gallo de promover o traballo seguro, saudable e digno, o día 28 de abril celébrase
o Día mundial da seguridade e saúde no traballo, organizado pola Organización
Internacional do Traballo (OIT). Este ano céntrase na promoción de Contornas de
traballo psicosociais saudables para traballadores e organizacións, abordando a
xestión dos riscos mentais e físicos na contorna laboral.