Comportamento sedentario: un novo desafío para Saúde Pública
Date issued
2018Journal title
Venres Epidemiolóxico: folla quincenal de información epidemiolóxica de Galicia
Type of content
Artigo
DeCS
vida sedentariaMeSH
Sedentary LifestyleAbstract
Ser sedentario está asociado con diferentes variables de
saúde, independentemente de que se cumpran as recomendacións de actividade física, se teña un patrón alto de actividade ou sexa deportista.
Un estudo realizado en 54 países, entre eles España, revela que ser sedentario é un factor de risco para a mortalidade por todas as causas, independentemente de cumprir as recomendacións de actividade física moderada a vigorosa, sendo responsable do 3’8% (ao redor de 433.000 mortes/ano) de todas as mortes.
En España, as estimacións do número de mortes evitables asociadas co tempo sedentario superior a 3 horas/día, podería acadar a cifra de 14.600 ao ano.
Ademais de cumprir coas recomendacións de actividade física aerobia e de fortalecemento muscular, deberíase romper o tempo sedentario con actividades físicas de intensidade lixeira, como levantarse cada media hora, ir a coller auga, recibir os pacientes de pé, etc.
Estas serían formas realistas de promover estilos de vida activa.
The following license files are associated with this item: