Rede galega de parques sen fume
Corporate author
Consellería de SanidadeDate issued
2023Journal title
Venres saudable
Type of content
Artigo
Abstract
[GLG] O consumo de tabaco e a exposición ao seu fume son unha causa importante de morbimortalidade a nivel mundial. O seu consumo é prexudicial en todas as súas modalidades e non existe un límite seguro en canto á súa exposición. A creación de espazos sen fume ao aire libre e a súa extensión a diferentes ámbitos teñen un fin educativo e de sensibilización social. Ampliar a limitación do consumo a lugares que non están recollidos na normativa actual, fainos avanzar e cambiar a percepción social sobre o tabaco. Con este obxectivo nace a rede galega de parques sen fume.