Agonistas GLP-1 na perda de peso
Corporate author
Consellería de SanidadeDate issued
2023Journal title
Venres saudable
Type of content
Artigo
Abstract
[GLG] Os análogos de GLP-1 son fármacos utilizados no tratamento da diabetes tipo 2. Desde hai tempo volvéronse populares polos seus bos resultados no control glicémico, pero tamén polo notable efecto na perda de peso en pacientes con obesidade. Aínda que mostraron resultados prometedores, deben empregarse como un compoñente adicional no conxunto de estratexias cun enfoque integral, xa que resulta fundamental propoñer hábitos saudables como a alimentación equilibrada e a práctica regular de exercicio moderado, así como un adecuado control do estrés e da ansiedade.