Cóidate, cóidame
Autor corporativo
Consellería de SanidadeData de publicación
2023Título da revista
Venres saudable
Tipo de contido
Artigo
Resumo
[GLG] A Consellería de Sanidade pon á disposición dos novos pais, nais, persoas coidadoras e acolledoras unha serie de guías de coidados infantís con motivo do nacemento dun novo neno ou nena. Nestas guías podemos atopar recursos e información sobre lactación materna, cribados neonatais, vacinación infantil, alimentación saudable complementaria ou coidados básicos de hixiene e seguridade. Cando o neno ou a nena recibe unha boa crianza, ten máis posibilidades de sobrevivir, medrar dunha maneira saudable, desenvolver plenamente as súas aptitudes sociais e a súa capacidade de pensamento verbal e emocional.