Cigarros electrónicos: riscos e efectos na saúde
Visualización ou descarga de ficheiros
Visualización ou descarga de ficheiros
Autor corporativo
Consellería de SanidadeData de publicación
2023Título da revista
Venres saudable
Tipo de contido
Artigo
Resumo
[GLG] Os dispositivos susceptibles de liberación de nicotina (DSLN), tamén coñecidos como cigarros electrónicos ou vaporeadores, gañaron popularidade nos últimos tempos como unha alternativa ao cigarro tradicional e, para algúns, como unha ferramenta para deixar de fumar. A súa efectividade como ferramenta de cesación tabáquica é limitada e comporta riscos significativos para a saúde como a adicción, problemas cardiovasculares e exposición a substancias tóxicas. Ademais, a súa popularidade entre a mocidade é preocupante. A evidencia actual cuestiona a súa seguridade e organismos como a OMS e outras institucións en varios países advirten sobre a necesidade dun control máis estrito.