Accións comunitarias en Burela
Corporate author
Consellería de SanidadeDate issued
2023Journal title
Venres saudable
Type of content
Artigo
Abstract
[GLG] Nos últimos anos fíxose fincapé na idea de potenciar iniciativas de educación para a saúde nos municipios galegos, fomentando actividades que promovan un estilo de vida saudable. Concretamente, en Burela programáronse diversas propostas e iniciativas ao longo dos últimos meses, entre as que destacan paseos saudables, pausas activas na praza do concello ou a creación dun programa de radio para abordar diversas temáticas co obxectivo de promover a divulgación sobre promoción da saúde entre a veciñanza.