En España o marco legal que apoia a publicación en acceso aberto e que regula a nivel nacional a práctica de depositar en aberto as publicacións científicas vén dado pola Lei 14/2011, do 1 de xuño da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación que insta aos investigadores a depositar nun repositorio de acceso aberto a versión dixital final das contribucións a publicacións periódicas ou seriadas.

Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación (BOE 02/06/2011)

Artigo 37. Difusión en acceso aberto.

  1. Os axentes públicos do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación impulsarán o desenvolvemento de repositorios, propios ou compartidos, de acceso aberto ás publicacións do seu persoal de investigación, e establecerán sistemas que permitan conectalos con iniciativas similares de ámbito nacional e internacional.
  2. O persoal de investigación cuxa actividade investigadora estea financiada maioritariamente con fondos dos Orzamentos Xerais do Estado fará pública unha versión dixital da versión final dos contidos que lle foran aceptados para publicación en publicacións de investigación seriadas ou periódicas, tan pronto como resulte posible, pero non máis tarde de doce meses despois da data oficial de publicación.
  3. A versión electrónica farase pública en repositorios de acceso aberto recoñecidos no campo de coñecemento no que se desenvolveu a investigación, ou en repositorios institucionais de acceso aberto.
  4. A versión electrónica pública poderá ser empregada polas Administracións Públicas nos seus procesos de avaliación.
  5. O Ministerio de Ciencia e Innovación facilitará o acceso centralizado aos repositorios, e a súa conexión con iniciativas similares nacionais e internacionais.
  6. O anterior enténdese sen prexuízo dos acordos en virtude dos cales se puideron atribuír ou transferir a terceiros os dereitos sobre as publicacións, e non será de aplicación cando os dereitos sobre os resultados da actividade de investigación, desenvolvemento e innovación sexan susceptibles de protección.

A lexislación nacional está en consonancia co mandato da Comisión Europea (Horizonte 2020) e con outros mandatos dalgúns gobernos rexionais, como a Comunidad de Madrid, o principado de Asturias e Cataluña, e coas numerosas universidades e centros de investigación que van dando pasos cara ao acceso aberto.


Europa

A Comisión Europea impulsou políticas e medidas relacionadas co acceso aberto desde 2006 e apoia o acceso aberto como a forma adecuada de difundir a investigación financiada publicamente pola Unión Europea, e inclúe a circulación aberta do coñecemento como unha das cinco prioridades do Espazo Europeo de Investigación, recomendando en 2012 aos Estados Membros desenvolver políticas nacionais que proporcionen o acceso aberto á investigación financiada con fondos públicos, e ás axencias de financiamento, universidades e centros de investigación a desenvolver tamén as súas propias políticas, coordinadas a nivel nacional e europeo.

A Comisión Europea no seu novo programa marco Horizonte 2020 (2014-2020) require o depósito en acceso aberto de todas as publicacións revisadas por pares xeradas dos proxectos financiados baixo este programa.

El texto legal se plasma en la cláusula 29.2 del Grant Agreement, suscrita por todos los socios beneficiarios de los proyectos.

H2020 Model Grant Agreements: H2020 General MGA — Multi: v3.0 – 20.07.2016

29.2 Acceso aberto a publicacións científicas

Cada beneficiario debe asegurar o acceso aberto (acceso en liña gratis para calquera usuario) para todas as publicacións científicas revisadas por pares relacionadas cos seus resultados.

En concreto, debe:

  • tan pronto como sexa posible e como moi tarde ao ser publicado, depositar unha copia electrónica legible por máquina da versión publicada ou do manuscrito final revisado por pares e aceptado para a súa publicación, nun repositorio para publicacións científicas.

    Ademais, o beneficiario debe ter o obxectivo de depositar ao mesmo tempo os datos de investigación necesarios para validar os resultados presentados nas publicacións científicas depositadas.

  • asegurar o acceso aberto á publicación depositada - a través do repositorio - como moi tarde:
    • na publicación, se está dispoñible unha versión electrónica gratuíta a través do editor, ou
    • dentro dos seis meses posteriores á publicación (doce meses para as publicacións nos ámbitos de ciencias sociais e humanidades)

  • garantir o acceso aberto - a través do repositorio - aos metadatos bibliográficos que identifican a publicación depositada.

Os metadatos bibliográficos deben estar nun formato estándar e deben incluír o seguinte:

  • os termos ["Unión Europa (UE)" e "Horizonte 2020"] ["Euratom" e investigación de Euratom e programa de formación 2014-2018]
  • o título da participación, acrónimo e número de axuda ou subvención;
  • a data da publicación, e a duración do período de embargo se é aplicable, e
  • un identificador persistente.

O texto legal plásmase na cláusula 29.2 do Grant Agreement, subscrita por todos os socios beneficiarios dos proxectos.