Determinantes sociais e obesidade
Visualización ou descarga de ficheiros
Visualización ou descarga de ficheiros
Autor corporativo
Consellería de SanidadeData de publicación
2023Título da revista
Venres saudable
Tipo de contido
Artigo
Resumo
[GLG] A elevada prevalencia de sobrepeso e obesidade supón un problema cuxa importancia radica na súa contribución como factor de risco no desenvolvemento de enfermidades crónicas, no aumento da morbimortalidade e na crecente demanda asistencial que ocasiona. Desde hai varias décadas, a súa abordaxe constitúe un reto desde o punto de vista da saúde pública. Os determinantes sociais xogan un papel fundamental nos estilos de vida da poboación debido a que o estado de saúde se ve influído por factores socioeconómicos, culturais e sociais. Segundo os datos da Enquisa Europea de Saúde 2020, aproximadamente o 39,2% dos galegos presenta sobrepeso e o 16,5%, obesidade. As condicións ambientais e a súa influencia sobre as decisións da poboación en relación cos hábitos de vida promoven o sobrepeso.