[GLG] O Programa 16 consolídase en Galicia como unha ferramenta esencial para avaliar a calidade nutricional da oferta alimentaria nos centros educativos, no marco do Plan nacional de control da
cadea alimentaria (Pncoca). A través da revisión, a Dirección Xeral de Saúde Pública supervisa o cumprimento das frecuencias de consumo saudable establecidas (como o número adecuado de
racións semanais de froita, verduras, legumes, peixe ou carne), garantindo menús equilibrados e adaptados ás recomendacións dietéticas oficiais.