[GLG] O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade, é unha boa oportunidade para promover o deporte como motor para a inclusión, o benestar e o desenvolvemento persoal das persoas con discapacidade. En Galicia, cada vez atopamos máis exemplos de deporte adaptado e inclusivo. Ademais, nos últimos tempos está a medrar na nosa Comunidade a participación de persoas con discapacidade no deporte.