Sobre RUNA
RUNA é o repositorio institucional da Consellería de Sanidade - Sergas. A súa misión é xestionar, difundir e preservar o coñecemento xerado polos profesionais da Consellería de Sanidade - Sergas. Forma parte da estratexia institucional para preservar e facilitar o acceso aos contidos dixitais xerados na organización. O Repositorio debe garantir o acceso perpetuo aos documentos e mellorar a visibilidade da organización e os seus autores.