[GLG] A pesar do seu tamaño, os legumes
destacan polo seu gran valor nutricional e
o seu papel na gastronomía galega
tradicional. O seu principal macronutriente
son os hidratos de carbono de baixo índice
glicémico e presentan un elevado contido
en fibra soluble e un gran poder saciante.
O 10 de febreiro celébrase o Día mundial
dos legumes, unha data na que resulta
oportuno promover o seu consumo
habitual polos beneficios que ofrecen para
a saúde.